Investigación
Un dos campos nos que estamos especializados é o da investigación antropolóxica, etnográfica e histórica arredor dos fenómenos sociais e culturais. A investigación é a base sobre a que se sustentan multitude de procesos relacionados coa cultura e o patrimonio. Investigar supón xerar un coñecemento que será posto en circulación pola vía da divulgación. Para Ab Origine, a investigación é un dos eixos fundamentais na nosa actividade polo que é un dos nosos ámbitos de actuación prioritarios. A experiencia de investigación do equipo de Ab Origine é longa e contrastada por institucións e organismos especializados.
Entre as moitas posibilidades de investigación, Ab Origine especialízase nos seguintes eidos:
- Traballos de investigación e estudos antropolóxicos
- Catalogacións e inventariado de patrimonio etnográfico
- Recollida de patrimonio inmaterial
- Método biográfico
- Memoria histórica
- Estudos etnomusicolóxicos
- Antropoloxía da empresa e do traballo colectivo
- Estudos de empresa
- Estudos de institucións, asociacionismo e colectividades
- DAFOs e diagnoses
Velaquí unha mostra dos nosos traballos relacionados coa investigación.