Ruta da Auga de Parada foi un traballo de recollida e documentación de patrimonio inmaterial na parroquia de Parada (concello de Silleda) no que tamén elaboramos textos e contidos para a sinalética e desenvolvemos as ferramentas de divulgación dixital. Toda a información na web do proxecto. Actividade organizada por A Citania. Arqueoloxía e xestión do patrimonio, promovida pola Asociación de Veciños de Parada e financiada polo Concello de Silleda e a Xunta de Galicia.