Valorización

A cultura é un tesouro do que moita xente non coñece o seu valor. Os procesos de valorización teñen que ver co empoderamento popular a través da difusión do coñecemento e da democratización no seu acceso. Ab Origine aposta pola diversificación de medios e soportes cara ao espallamento da cultura e dos fenómenos sociais. Neste eido en Ab Origine especializámonos en proxectos expositivos e musealización, no deseño de roteiros culturais, elaboración de guías, folletos e deseño e redacción de contidos para sinaléctica. Tamén desenvolvemos actividades e plans de difusión do patrimonio cultural.

Realizamos traballos de investigación antropolóxica e catalogación de patrimonio inmaterial e etnográfico. Realizamos traballos de investigación antropolóxica e catalogación de patrimonio inmaterial e etnográfico. Ofrecemos servizos de guía cultural en viaxes de coñecemento antropolóxico e rutas interpretadas sobre antropoloxía, etnografía, historia, patrimonio e territorio. Ofrecemos, ademais, servizos de monitorado e de dirección de programas e campos de voluntariado e campamentos cuxa finalidade sexa a valorización do patrimonio e a intervención sociocultural.

Velaquí unha mostra dos nosos traballos relacionados coa posta en valor.