Un dos campos de traballo de Ab Origine é o cine etnográfico, a antropoloxía visual e o uso do audiovisual como texto etnográfico, ferramenta de investigación e medio de divulgación e posta en valor do patrimonio. Co noso selo Ab Origine Producións realizamos traballos de produción audiovisual, documentais de longa duración, curtametraxes, vídeos ou animación en 3D. Sempre co fío condutor da antropoloxía, a historia e a valorización do patrimonio.