A Relixiosidade Popular en Galicia

Traballo de investigación antropolóxica no que o antropólogo Rafael Quintía fai un percorrido por algúns dos aspectos máis salientables de cantos configuran a relixiosidade popular galega. O culto aos santos ou ás reliquias, as romarías, o feito da peregrinación, a importancia dos santuarios, a función dos exvotos, as festas rituais do ciclo do ano, as crenzas sobre a morte e o Alén ou os cultos asociados ás pedras, ás augas, ás árbores e aos astros son algúns dos múltiples aspectos nos que se afonda neste traballo onde se achega unha rigorosa ollada sobre un dos elementos fundamentais da nosa cultura, do noso patrimonio inmaterial e, en definitiva, da cosmovisión do pobo galego. A investigación está recollida na monografía “Pola graza de Deus. A relixiosidade popular en Galicia”. Proxecto promovido polo Museo Etnográfico Casa do Patrón. Ano 2022