A última cociña do Mundo
Desde o ano 2017, en colaboración co prestixioso chef Xosé Cannas, estamos desenvolvendo o proxecto “A última cociña do Mundo” que consta de dous eixos vertebradores. O primeiro eixo é un proxecto de investigación sobre a cociña tradicional galega ao longo da súa historia, incluindo tanto a documentación histórica como un traballo etnográfico e de campo. Nesta fase recollemos e documentamos, sobre todo, as técnicas de elaboración, transformación, conservación e cociñado; os diferentes alimentos e condimentos utilizados así como aqueles perdidos ou en desuso na gastronomía actual; receitas tradicionais de ámbito local, utensilios e cerámicas asociadas á cociña galega. O segundo eixo ven constituído pola aplicación práctica de estos coñecementos adquiridos. Partindo do coñecemiento antropolóxico, traballamos cos aspectos simbólicos, históricos, ritualísticos e patrimoniais da cultura galega e da historia da cociña galega para construir un marco teórico sobre o que o restaurante 2 estrelas Michelin Pepe Vieira-Camiño da Serpe poida desenvolver un discurso gastronómico novo e orixinal pero, á vez, fortemente asentado na tradición gastronómica de Galicia.