Desde o principio Ab Origine tivo como obxectivo fundacional non só a investigación antropolóxica e a xestión no eido das culturas e sociedades senón tamén a divulgación, a posta en valor e o deseño de contidos culturais. Deste xeito, estos obxectivos leváronnos a crear unha vía editorial para dar saída e voz propia a aqueles proxectos e profesionais que se centran nas nosas áreas de traballo, esto é, a antropoloxía, a etnografía, a historia e a arqueoloxía.

Este é o punto de partida de Ab Origine Edicións, o noso selo editorial onde, ademáis de edición e publicación, ofrecemos servicios de redacción, corrección, deseño e maquetación. Máis alá de todo esto, realizamos tamén traballos de produción audiovisual, documentais de longa duración, curtametraxes, vídeos e animación en 3D. Sempre co fío conductor da antropoloxía no seu sentido máis amplo, como ciencia de coñecemento e transformación social.

Toda a información das publicacións na web da editorial edicions.aborigine.es