“A Parroquia do Alén” é un documental onde nos achegamos, cunha mirada etnográfica, aos diferentes aspectos que configuran a cultura da morte en Galicia. Unha película onde se fai un percorrido polas diferentes crenzas, tradicións e ritos que configuran a nosa particular forma de relacionarnos coa morte e cos defuntos. Un rigoroso percorrido antropolóxico por un dos aspectos máis salientables e identitarios da cultura e da sociedade tradicional galega: o seu particular xeito de relacionarse coa morte, de integrala na súa vida e a relación de axuda mutua que se establece entre a parroquia dos vivos e a parroquia dos defuntos. A película foi realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
FICHA ARTÍSTICA/TÉCNICA:
TÍTULO: A Parroquia do Alén
TIPO: Documental
XÉNERO: Antropoloxía
DIRECCIÓN E GUIÓN: Rafael Quintía
REALIZACIÓN E EDICIÓN: Yosune Duo
PRODUCIÓN: Valentín G. Bóveda
COLABORAN: Consellería de Cultura, Xunta de Galicia
ANO: 2021
DURACIÓN: 110 minutos prox.
ORIXE: Galicia
IDIOMA V. O.: Galego