“Saberes de Muller-Doade” é un proxecto de investigación-acción para visibilizar o fundamental e insubstituíble papel da muller na sociedade, con especial foco na muller rural. Pretendemos dignificar e pór en valor todo ese traballo feminino e coñecemento subordinado e velado pola sociedade, sacar á luz e pór en primeira plana eses saberes dos cales as mulleres foron tradicionalmente depositarias. O proxecto quere axudar á sociedade a tomar conciencia do valor de calquera traballo que desenvolvan as mulleres, sexa no ámbito que sexa. O proxecto, desenvolvido no ano 2020, está estruturado en 4 fases:
- Fase de encontros de mulleres (Investigación e recollida)
- Fase de integración xuvenil: Encontro interxeracional
- Fase de visibilización do proxecto e divulgación: xornadas formativas e exposición fotográfica
- Fase de valorización deses saberes recollidos a través da presente web
Link á web do proxecto: https://saberesdemullerdoade.wordpress.com/