“Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres” é un documental de longa duración no que se recolle e se dá a coñecer a riqueza do Entroido tradicional de Cobres, á vez que se fai un percorrido pola súa historia e polos aspectos e elementos culturais máis significativos, incluídos aqueles que xa están desaparecidos.
O documental foi promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa e realizado por Ab Origine. Antropoloxía. Contou co finanzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Vilaboa. Formou parte do equipo de realización o etnógrafo Xosé Anxo Rosales, autor do traballo “As Madamas e o sacrificio do galo. O Entruido do concello de Vila-Boa do Morrazo”. Ademais o proxecto contou coa colaboración e o asesoramento da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) á que tamén pertence Xosé Anxo Rosales.
Ficha artística
Dirección: Rafael Quintía
Guión: Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales
Realización: Miguel Alonso Cambrón
Gravación: Miguel Alonso Cambrón, João Bieites e Rafael Quintía
Montaxe: Miguel Alonso Cambrón
Ficha técnica
Produtora: Un documental realizado por Ab Origine. Antropoloxía. Promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa. Coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Vilaboa e a Sociedade Antropolóxica Galega.
Título orixinal: “Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres”
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Ano: 2016
Duración: 98 minutos aprox.
Orixe: Galiza
Idioma V. O.: Galego
A continuación, a fin de contribuir á súa posta en valor e por un periodo limitado de tempo, reproducímolo íntegramente. Tamén é posible velo na súa totalidade na súa canle propia de youtube, así como adquirilo na tenda Ab Origine.