Asesoramiento cultural para a colección de camiseta “Superheroes galegos”, da empresa de deseño Rei Zentolo. Partindo do coñecimiento antropolóxico e do potencial do patrimonio inmaterial galego desenvolvemos para a empresa Rei Zentolo unha proposta de personaxes mitolóxicos tradicionais da nosa cultura cuxas características, simbolismo, descripción ou atributos poden facelos susceptibles de equipararse aos superheroes clásicos dos comic-books norteamericanos. Un proxecto creativo e de asesoramiento cultural para desenvolver a colección de camisetas “Superheroes galegos”, na que xogando coa estética do xénero dos superheroes, Rei Zentolo achéganos ao mundo da mitoloxía galega con afán de transmitirnos o valor deste legado cultural e de axudar á valorización do patrimonio inmaterial. A colección de camisetas vai acompañada dun caderno explicativo de cada unha das personaxes mitolóxicas que a compón (Loberno, Negrumante, Nubeira e Tronante).