Antropoloxía simbólica do Patrimonio de Doade
Proxecto de investigación antropolóxica e etnoarqueolóxica na parroquia de Doade (Concello de Lalín). Recollida de patrimonio inmaterial asociado aos bens arqueolóxicos, etnográficos e histórico-artísticos da parroquia; estudo do patrimonio e interpretación dende a perspectiva da antropoloxía simbólica. Traballo recollido no libro “O falar das pedras. Antropoloxía simbólica do patrimonio de San Pedro de Doade”, do antropólogo Rafael Quintía. Promovido polo Museo Etnográfica Casa do Patrón. Ano 2020.