Musealización da réplica dunha casa castrexa

Elaboración escenográfica para Museo Etnográfico Casa do Patrón da recreación histórica dunha escena doméstica da vida dunha familia galaica na Idade do Ferro. No interior da réplica dunha casa castrexa amósanse os membros dunha familia estendida (pai, nai, avoa, fillo e filla) realizando actividades domesticas da vida cotiá. En base ao coñecemento arqueolóxico e antropolóxico, recreamos aos membros da familia coas súas roupas, adobíos, utensilios e ferramentas propias da época así como outros elementos do fogar. A direción técnica e a documentación histórica correu a cargo do compañeiro o antropólogo Rafa Quintía; a recreación das ferramentas, xoias, accesorios, calzado, roupas e outros elementos foi traballo da compañeira e artesá Pili Silva; a escenografía, preparación de figuras e montaxe foi obra da compañeiroa Miriam Quintia. Proxecto realizado por Ab Origine. Antropoloxía e promovido polo Museo Etnográfico Casa do Patrón. Ano 2022