Ruta dos viños oceánicos
Proxecto de investigación e valorización para a creación dun itinerario enoturístico e cultural que articule os territorios comprendidos na IXP Ribeiras do Morrazo. A “Ruta dos Viños Oceánicos” é un Itinerario enocultural da IXP Ribeiras do Morrazo, co fío condutor da cultura do viño na península do Morrazo e nas marxes atlánticas de Pontevedra, Redondela e Poio. Creamos un itinerario enoturístico baseado nunha realidade histórica, antropolóxica e económica que xira en torno á tradición vitivinícola local. Unha ruta que une os diferentes concellos e comarcas cuxa arraigada tradición tivo como protagonista os viños e castes da actual IXP Ribeiras do Morrazo. Un proxecto ideado, creado e realizado por Ab Origine. Antropoloxía e promovido polo GDR Pontevedra-Morrazo. Anos 2020-2021.