Encontros da Ruta dos Viños Oceánicos
Deseño, coordinación e presentación do ciclo de 4 actividades divulgativas sobre os valores da “Ruta dos Viños Oceánicos” da IXP Ribeiras do Morrazo. O ciclo cultural consitiu nuns encontros en formato charla/mesa redonda na que dous especialistas no ámbito da viticultura e a cultura debatiron conxuntamente sobre un guión de diferentes aspectos do tema a tratar que propuxo o moderador. A actividade combinouse cunha actuación musical a cargo de Xavier Blanco e Martina Ferradás (Fundacion Legar), e cunha degustación de viños da IXP Ribeiras do Morrazo.
As temáticas tratadas no ciclo foron:
- Viticultura, castes e viños da IXP
- Viños e gastronomía
- Historia, patrimonio, cultura e viño
- O potencial económico e turístico dos viños e das rutas enoculturais
E nelas participaron:
-Buenaventura Aparicio Casado (Doutor en Historia, articulista e conferenciante. Foi profesor profesor-titor da Facultade de Xeografía e Historia da UNED)
-Ana Durán Penabad (Historiadora, licenciada en Dereito, reporteira gráfica e Secretaria da Sociedade Antropolóxica Galega)
-Xosé Cannas (Chef de “Pepe Vieira”, posuidor de 2 Estrelas Michelin)
-Manuel Gago (Xornalista, director de culturagalega.gal, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e editor de Capítulo 0)
-Txema Ureta (Licenciado Ciencias Químicas, Máster en Enoloxía e Viticultura, enólogo de bodegas La Val e Membro do Comité de cata do Consello Regulador Rias Baixas)
-Mª del Carmen Martínez Rodríguez ( Doutora en Bioloxía, Investigadora Científica CSIC, Misión Biológica de Galicia. Fundadora do Grupo de Viticultura)
-Guillermo Campos Piñón (Xornalista especializado en divulgación-promoción enogastronómica e turística. Director e editor da revista Hostelería gallega-Gastronomía&Turismo (HGg&T))
-Cristina Valdés (Licenciada en Turismo e Antropóloga)
Moderador: Rafael Quintía (Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, xerente de Ab Origine. Antropoloxía e profesor-titor de Antropoloxía na UNED)