Informe técnico para a incoación da foliada como BIC de Patrimonio Inmaterial de Galicia

Realización do informe técnico para a incoación da foliada como BIC de Patrimonio Inmaterial de Galicia. O informe foi contratado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia como documentación técnica para iniciar o proceso de declaración da Foliada galega como Ben de Interese Cultural de Patrimonio Inmaterial. O informe técnico foi abalado pola Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO), así como a selección da equipa responsable da súa elaboración. A autoría do informe técnico correu a cargo dos e das seguintes profesionais:

Beatriz Busto Miramontes: Doutora en Antropoloxía Social e Cultural e Licenciada en Historia e Ciencias da Música, Profesora Asociada na Área de Antropoloxía Social da USC e investigadora da Rede Galabra USC.

Xulia Feixoo: Mestrada en Música Hispana, Titulada Superior en Etnomusicoloxía, Licenciada en Historia da Arte, Titulada Profesional en Percusión.

Rafael Quintía Pereira: Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, profesor-titor de antropoloxía na UNED.

Félix Castro Vicente: Licenciado en Dereito, licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e músico tradicional.

Promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Ano 2022.