Programación “O Camiño dos sentidos e dos saberes”

Programación cultural. Cultura, arte e espectáculo na Vía da Prata e no Camiño de Inverno no Deza. Deseño e realización dun amplo e diverso programa de actividades culturais que, sen perder o seu aspecto lúdico ou de promoción artística e cultural, acheguen coñecementos útiles á cidadanía -con especial atención á mocidade e á infancia- nos diferentes eidos da dignificación, promoción e coñecemento do noso acervo cultural e na conservación do medio natural. O programa consta de actividades que combinan o aspecto didáctico co lúdico, o cultural co entretemento. Neste senso, o programa inclúe actividades artísticas, teatro e narración oral, actuacións musicais, obradoiros de música tradicional, de cine etnográfico, exposicións e tamén actividades de sensibilización e coñecemento do medio ambiente e de fomento da vida saudable así como de integración das persoas. Proxecto promovido polo Museo Etnográfico Casa do Patrón e financiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa Xacobeo 2021-22. Ano 2022.