Deseño de contidos e docencia para un obradoiro teórico-práctico de iniciación ao mundo da música drone dende unha perspectiva etnomusicolóxica. Na primeira e na segunda edición foi promovido por Normal, Espazo de intervención cultural, Universidade da Coruña (2016-2018). Na terceira edición foi promovido pola Nave 1839 na Coruña (2019). Impartido polo músico e antropólogo Miguel Alonso Cambrón. Máis información na web da UDC.
Os concertos finais das dúas primeiras edicións foron publicados por Edicións Ab Origine e poden escoitarse aquí de forma gratuita.