Rafael Quintía Pereira


Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional na especialidade de Xeografía e Historia, Técnico en Prevención de riscos laborais, Director de Campos de Traballo e Director de Actividades de Ocio e Tempo libre. Exerce como antropólogo profesional na empresa Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural S.L.L. e como profesor titor de antropoloxía na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). No eido do turismo cultural ten traballado como Guía nacional e internacional para tour operadores europeos. Traballou, ademais, como Axente de Desenvolvemento local e no ámbito da empresa conta con doce anos de experiencia en xestión comercial, comercio exterior, compras e loxística. Especialista en patrimonio inmaterial e proxectos de posta en valor do patrimonio. Investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia. As súa liñas de investigación céntranse, fundamentalmente, no patrimonio inmaterial. O seu traballo de investigación ten sido galardoado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). É autor dunha ducia de libros, de varias obras colectivas e de múltiples artigos. No campo da antropoloxía visual realizou sete documentais etnográficos e históricos.