Miriam Quintía Pereira

Licenciada en Belas Artes coa especialidade de Deseño e Audiovisuais. Dende hai 22 anos traballa como profesora de educación secundaria impartindo a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Traballou tamén como profesora de pintura e manualidades.

No terreo do deseño e da ilustración realiza traballos como ilustradora e ten longa experiencia na elaboración de pinturas murais. No campo do deseño téxtil leva anos colaborando con clubs de ximnasia rítmica no deseño e decoración de maillots.

Especialista en escenografía, especialmente no deseño e decoración de espazos escénicos para representacións teatrais, artísticas, performances e eventos deportivos; así como no deseño e ambientación de exposicións, eventos culturais e celebracións temáticas. Tamén conta con experiencia na ambientación e elaboración de espazos museísticos así como en recreacións históricas.