Documentación para o film O Neno e a Sombra, do director Xaime Miranda. Asesoramento cultural arredor da etnomedicina e da relixiosidade popular galega. Ano 2019.
O Neno e a Sombra é unha curtametraxe de horror-folk e drama psicolóxico ambientado na Galicia rural dos anos 80. O Neno e a Sombra é un conto de realismo máxico baseado no patrimonio inmaterial galego: as meigas, o mal de ollo ou os ritos curativos conforman o substrato no que se desenvolve esta historia. O Neno e a Sombra é tamén unha dolorosa viaxe interior cara ao enfrontamento co lado oscuro da nosa psique, na que se exploran outros temas universais como a infancia, a paternidade, a educación ou a relixión.