Formación

A formación nos eidos sociais e culturais é unha peza fundamental na cadea de valor da transmisión do coñecemento. En Ab Origine temos grande interese na pervivencia e boa saúde dos diferentes paradigmas culturais que poboan o noso planeta, polo que entendemos necesario ofrecer servizos educativos en materia antropolóxica, etnográfica, histórica, de patrimonio cultural, de diversidade cultural e xénero e de creación cultural contemporánea, campos nos que temos longa experiencia.

A través da nosa Escola de Antropoloxía ofrecemos diferentes liñas formativas que van dende as charlas didácticas ata os cursos especializados, pasando por obradoiros, conferencias, seminarios ou cursos de extensión universitaria, dirixidos tanto á infancia e á mocidade como ao público en xeral. Traballamos con centros de ensino, universidades, asociacións, centros cívicos, administracións públicas, colectivos de diferente índole e con particulares interesados nestes campos. Este labor formativo vese complementado coa nosa oferta de servizos de asesoría social e cultural.

Toda a información acerca da oferta formativa e o histórico de actividades da Escola de Antropoloxía aquí.

Velaquí unha mostra dos nosos traballos relacionados coa formación.