“O Camiño contado. Pontevedra”
Un proxecto audiovisual de divulgación cultural e patrimonial ao redor do camiño portugués de Santiago ao seu paso polo concello de Pontevedra. Unha ollada antropolóxica ao camiño onde os protagonistas son as historias contadas pola propia xente depositaria destes coñecementos. Historias, patrimonio, mitos, ritos e crenzas recollidos no traballo de campo e narrados polos veciños das diferentes parroquias e da vila. “O camiño contado. Pontevedra” é un proxecto ideado, creado e realizado por Ab Origine. Antropoloxía e promovido pola Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra. Ano 2021
https://www.youtube.com/watch?v=2ZR4NSQo39g&list=PLgtDTxASF7pU3WuElIl64OZB1JhWubNs0
Link á web do proxecto no Concello de Pontevedra: https://www.visit-pontevedra.com/el-camino-contado/