Cristina Valdés Méndez

Graduada en Antropoloxía Social e Cultural, Diplomada en Empresas e Actividades Turísticas, Técnico Superior en Información e Comercialización Turística, Máster en Habilidades Directivas, Máster en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas na especialidade de Xeografía e Historia. Monitora de Ocio e Tiempo libre, así como tamén Monitora de Vela Deportiva. A súa traxectoria profesional está vencellada ao sector turístico como Guía Nacional e Internacional durante máis de 10 anos para diferentes Tour operadores europeos, Técnico de Turismo no Patronato de Turismo Rías Baixas, Secretaria de Dirección do presidente da Cadena Zenit Hoteles, así como Adxunto a dirección do Grupo R-imagina Restauración. A súa bagaxe profesional valeulle para exercer durante os últimos anos como docente para a mellora das habilidades e a inserción profesional de diferentes colectivos en risco de exclusión social. Os seus intereses de investigación están baseados na identidade, turismo, migración, alteridade, desigualdade social, xénero e sexualidade.