Ab Origine é unha empresa de economía social que ofrece servizos integrais en antropoloxía, produción e xestión cultural.

Ab Origine supón a consumación dun proxecto que aglutina a profesionais da antropoloxía, da educación, da xestión empresarial, do traballo social, da promoción do patrimonio, da produción editorial e da creación audiovisual e artística. Un equipo interdisciplinar co obxectivo común de crear proxectos transdisciplinares e de achegar á sociedade unha oferta integral de servizos culturais e sociais ligados ao campo e á visión da Antropoloxía Social e Cultural.

O noso equipo conta cunha dilatada e contrastada experiencia nos eidos da investigación antropolóxica, etnográfica e histórica; na formación e na divulgación; na xestión de turismo cultural e sostible; na posta en valor do patrimonio; na creación e xestión de contidos e produtos culturais; na intervención social e no traballo con entidades de carácter social e cultural.

A empresa Ab Origine. Antropoloxía, produción e xestión cultural. S.L.L. foi certificada co selo de calidade ASAEE, da Asociación de Antropología del Estado Español (ASAEE). N.º certificado: ASAEE 01-2021

Para calquera consulta podedes visitarnos na nosa oficina, contactarnos vía telefónica, no correo info@aborigine.es ou nos nosos correos persoais.