Proxecto Lupa

 

“Lupa: Na procura do mito da Raíña Loba” é un proxecto audiovisual para a divulgación do noso patrimonio cultural. Unha aventura na que percorremos todo o país na procura dun dos mitos máis significativos da nosa cultura: o mito da raíña Lupa e da traslación do apóstolo Santiago. Unha viaxe fascinante polo noso patrimonio material e inmaterial, por montes sagrados, covas misteriosas, cidades asolagadas e moitas das paisaxes naturais e míticas que fan deste país unha auténtica xoia cultural.

Esta web forma parte dun proxecto de posta en valor do patrimonio cultural galego que comeza co documental “Lupa: Na procura do mito da Raíña Loba”. No blog omitodelupa.wordpress.com irán estando dispoñibles materiais audiovisuais novos, contidos inéditos, así como a descrición de diferentes elementos patrimoniais, rutas e relatos da nosa tradición oral.