Miriam Quintía Pereira

Licenciada en Belas Artes coa especialidade de Deseño e Audiovisuais. Dende hai 22 anos traballa como profesora de educación secundaria impartindo a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Traballou tamén como profesora de pintura e manualidades. No terreo do deseño e da ilustración realiza traballos como ilustradora de obras bibliográficas e ten longa experiencia na elaboración de pinturas murais. No campo do deseño téxtil leva anos colaborando con clubes de xinmasia ritmica no deseño e decoración de maillots. Especialista na elaboración de decorados para representacións teatrais, artísticas, performances e eventos deportivos; así como no deseño e ambientación de eventos culturais e celebracións temáticas e na recreación de espazos escenográficos.