Miguel Alonso Cambrón


Doutor en Antropoloxía Social e Cultural, diplomado en Filoloxía Inglesa, posgraduado en Antropoloxía Social e Cultural, Máster en Antropoloxía Urbana, posgraduado en Migracións e Procesos Transnacionais e Máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional na especialidade de Xeografía e Historia, monitor de ocio e tempo libre e socio fundador da empresa Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural S.L.L. Especialista en metodoloxía etnográfica e biográfica, etnografía sensible, fenomenoloxía urbana, é investigador e formador nos eidos da memoria histórica, a antropoloxía social e cultural, o deseño gráfico e a etnografía audiovisual. Exerceu como docente na Universitat Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona, na Universidade de A Coruña (UDC), na Universidad Rovira i Virgili de Tarragona (URV) e na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O seu principal traballo de investigación ten relación coa percepción e produción das sonoridades nos usos do espazo e as dinámicas sociais agregadas, mais tamén traballou cuestións relacionadas coa identidade, a sociabilidade e o patrimonio inmaterial dos cascos vellos das cidades do sur de Europa. Así mesmo, participou como técnico de documentación audiovisual en proxectos de arqueoloxía contemporánea e etnografía en Galicia, Portugal e Cataluña. Ten longa experiencia como operador de cámara, como técnico de montaxe e como técnico de son.