Ab Origine é unha empresa que ofrece servicios integrais en antropoloxía, produción e xestión cultural.

Ab Origine supón a consumación dun proxecto que aglutina a profesionais da antropoloxía, a xestión empresarial, a produción editorial e a creación audiovisual. Un equipo multidisciplinar co obxectivo común de aportar á sociedade unha oferta integral de servicios ligados ao campo da antropoloxía social e cultural.

O noso equipo conta cunha dilatada e contrastada experiencia nos campos da investigación antropolóxica, etnográfica e histórica; na formación e divulgación; na posta en valor do patrimonio, na creación e xestión de contidos e produtos culturais, e no traballo con entidades de carácter social e cultural.

Para calqueira consulta podedes visitarnos na nosa oficina, contactarnos en info@aborigine.es ou nos nosos correos persoais.