Como empresa de economía social, en Ab Origine, preocúpanos o benestar social, e consideramos a solidariedade como unha responsabilidade colectiva e como o sentimento e actitude que fai posible a vida en sociedade. Movidos por este compromiso adoitamos colaborar con outras entidades e cooperativas de economía social tecendo redes de traballo conxunto.

Como empresa que traballa no campo da Antropoloxía estamos comprometidos coa defensa dos dereitos dos pobos e coa salvagarda da diversidade cultural como gran tesouro da Humanidade. Por todo isto, dende Ab Origine colaboramos e apoiamos aquelas iniciativas que traballan en prol destes valores que cremos xustos e necesarios. Entre os proxectos que apoiamos e cos que colaboramos está Survival International. Tamén somos socios da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO), membros da Asociación de Antropología del Estado Español (ASAEE) e colaboradores da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).