Como empresa de economía social, en Ab Origine, preocúpanos o benestar social, e consideramos a solidariedade como unha responsabilidade colectiva e como o sentimento e actitude que fai posible a vida en sociedade. Como empresa que traballa no campo da Antropoloxía estamos comprometidos coa defensa dos dereitos dos pobos e coa salvagarda da diversidade cultural como gran tesouro da Humanidade. Por todo isto, desde Ab Origine colaboramos e apoiamos aquelas iniciativas que traballan en prol de estos valores que cremos xustos e necesarios. Entre os proxectos que apoiamos e cos que colaboramos está Survival International.