Escola de Antropoloxía é un proxecto didáctico creado polos antropólogos Rafael Quintía e Miguel Alonso Cambrón ao abeiro da empresa Ab Origine para a formación no campo da antropoloxía social e cultural e para a divulgación e fomento da ciencia antropolóxica e do patrimonio cultural, facendo especial fincapé no coñecemento da cultura e da antropoloxía galega, así como na utilidade social desta ciencia.

Escola de Antropoloxía é un proxecto en activo e de execución anual, no que ofrecemos unha programación formativa que se vai actualizando cada ano e conforme ás necesidades educativas detectadas polo equipo de Ab Origine no campo da formación antropolóxica.

A Escola de Antropoloxía nace como un proxecto alternativo para a formación antropolóxica, destinado ao público en xeneral, tanto especializado na materia como non, pero cun especial interese en formarse nestes campos do coñecemento cultural e social. Con este proxecto pretendemos tamén axudar a cubrir o vacío formativo no campo da antropoloxía en Galicia e sobre Galicia. Queremos contribuir a expandir o saber antropolóxico como factor fundamental de transformación social e achegalo á xente, insertando a reflexión antropolóxica no cotián. Ademáis, o proxecto Escola de Antropoloxía ten un especial interese na formación da infancia, a xuventude e tamén na formación dos docentes de Primaria e Secundaria como potenciais transmisores á xuventude de moitos destes contidos antropolóxicos e culturais.

As actividades da Escola de Antropoloxía céntranse en:

Ofrecemos diferentes liñas formativas que van desde os cursos especializados ata as charlas didácticas, pasando por obradoiros prácticos, rutas culturais interpretadas, conferencias, clases extraescolares de antropoloxía ou cursos de extensión universitaria.

Traballamos con centros de ensino, universidades, asociacións, centros cívicos, administacións públicas, colectivos de diferente índole e con particulares interesados na antropoloxía e na investigación etnográfica.

Dispoñemos de aula propia perfectamente equipada para impartir os cursos e para facer as nosas actividades, seminarios e obradoiros.

Oferta cara o curso 2019-2020