Quen somos?

A empresa AB ORIGINE. Antropoloxía, produción e xestión cultural, SLL supón a consumación dun proxecto que aglutina a profesionais dos diferentes campos da antropoloxía e da produción e a xestión cultural co obxectivo común de achegar á sociedade unha oferta integral de servizos ligados ao campo da cultura.

O equipo de AB ORIGINE conta cunha dilatada e contrastada experiencia nos eidos da investigación antropolóxica, etnográfica e histórica, na formación e divulgación, na posta en valor do patrimonio, na creación e xestión de contidos e produtos culturais, na creación literaria e audiovisual, nas actividades de ocio e tempo libre e no traballo con entidades de carácter social e cultural.

Para calqueira consulta podedes visitarnos na nosa oficina contactarnos en info@aborigine.es ou nos nosos correos persoais.

Rafael Quintía Pereira :: rafael.quintia@aborigine.es
Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e Técnico en Prevención de Riscos Laborais. Especialista en patrimonio inmaterial e proxectos de posta en valor. Investigador e divulgador nos campos da mitoloxía, etnomedicina, formas de relixiosidade e historia.  Traballou, ademais, como Axente de Desenvolvemento Local. No ámbito da empresa conta con doce anos de experiencia en comercio exterior, compras e loxística. + info

Valentín García Bóveda :: valentin.boveda@aborigine.es
Axente comercial e especialista en deportes de aventura, supervivencia e medio ambiente. Experto en proxectos sobre memoria histórica, Dereitos Humanos e posta en valor do patrimonio. Traballou como freelance de produción en cine e ten contrastada experiencia como formador e manager comercial.

 

Miguel Alonso Cambrón :: miguel.alonso@aborigene.es
Doutor en Antropoloxía Social e Cultural, tradutor e Técnico Audiovisual. Especialista en etnografía sensible e fenomenoloxía urbana. Investigador e formador nos eidos da memoria histórica, antropoloxía urbana, deseño gráfico e etnomusicoloxía. + info